Tercera etapa desde Ferrol

Pontedeume - Betanzos

  • DIFICULTAD Media
  • LONGITUD 19.9Km
  • DURACIÓN ESTIMADA 6h
C

omezamos esta etapa Pontedeume - Betanzos con este tramo do Camiño a través da rúa Real, neste caso tamén porticada. A saída de Pontedeume lévase a cabo por unha empinada pendente dun quilómetro que deixa paso a un suave descenso con paisaxes agrícolas ata chegar de novo ao nivel do mar, á altura da ponte de Baxoi que tantos peregrinos viu pasar na Idade Media. É a antesala da localidade de Miño, que se deixa atrás para entrar na desembocadura do Lambre, pertencente á Rede Natura 2000. Remontamos un treito pequeno do río e cruzamos por unha ponte gótica para despois ascender e chegar a unha altura dende a que se domina a desembocadura do río Mandeo, que forma a ría de Betanzos.

El Camino Inglés por albergues

A igrexa románica de Tiobre é lugar de parada obrigada. Ante o peregrino queda unha baixada entre viñedos. Un viño que tiña moita sona e que era moi desexado pola Mariña británica. De aí arranca unha subida ata un templo neoclásico, algo estraño en Galicia: Nosa Señora do Camiño, chamada tamén Os Remedios. Cruzando a ponte sobre o Mandeo, entramos en Betanzos pola porta da Ponte Vella, unha das cinco da antiga muralla. Nesta etapa Pontedeume – Betanzos é inescusable a visita en Betanzos ás súas igrexas, especialmente a de San Francisco, co cenotafio de Fernán Pérez de Andrade que é recoñecido como o mellor dos que se conservan en Galicia.

Puntos de interés

Mapa

Inicio de ruta Fin de ruta Albergues públicos Albergues privados Otros establecimientos Puntos de información turística Aeropuertos Autobuses Trenes