Stelar - Excelencia no Camiño Inglés
Segunda etapa desde Ferrol

A Falúa

A Falúa

A Falúa é un pequeno hotel de 8 habitacións: 3 familiares, 4 dobres e unha para mobilidade reducida. Na planta baixa dispón de servizo de cafetería para os almorzos e degustación de produtos ecolóxicos de terra e mar.

A Falúa é unha típica casa mariñeira de 3 prantas situada en pleno centro histórico de Pontedeume e totalmente restaurada con todas as comodidades dun hotel moderno.