Transportes dispoñibles
No caso de precisar algún tipo de transporte para poder completar o teu camiño podes atopar a información que buscas nesta páxina. A continuación tamén poderás atopar a forma de chegar aos puntos de partida do Camiño Inglés que mellor se adapten ás túas necesidades.
Para iniciar o Camiño Inglés temos dúas opcións, xa que ademais de Ferrol, existe a opción de realizar o Camiño desde A Coruña, sendo seis etapas (agás que o peregrino faga o Camiño Inglés Slow) as que forman a primeira vertente e catro as que separan A Coruña de Santiago, xa que as últimas dúas etapas son de confluencia común para ámbolos itinerarios.
As dúas variantes conflúen nas Travesas, pertencente ao municipio de Carral, rumbo á cidade de Compostela.
Para iniciar o noso Camiño dende A Coruña ou dende Ferrol, mostramos a continuación as distintas alternativas para chegar a estas cidades, así como tamén poñemos a disposición dos peregrinos as distintas opcións de transporte público que poderán atopar ao longo das etapas.
Como chegar á Coruña

Importante cidade e porto histórico, sitúase na costa noroeste da Península Ibérica, nas Rías Altas. O municipio da Coruña ten unha poboación de 245.711 habitantes (INE 2019), sendo o segundo concello máis poboado de Galicia. As comunicacións desta cidade son moitas e moi variadas, tendo enlaces aéreos frecuentes, tanto nacionais como internacionais.
- Aeroporto 1: Aeroporto da Coruña (LCG)
- Aeroporto 2: Aeroporto de Santiago de Compostela-Rosalía de Castro (SCQ)
- Estación de tren: Estación de Tren A Coruña-San Cristóbal
- Estación de autobuses: Estación de Autobuses de A Coruña
Como chegar a Ferrol

Ferrol, cidade situada no norte da provincia da Coruña, cunha poboación de 66.065 habitantes (INE 2019), é o terceiro municipio máis poboado da provincia da Coruña. É unha cidade orientada tradicionalmente cara ás actividades marítimas e militares.
- Aeroporto 1: Aeroporto da A Coruña (LCG)
- Aeroporto 2: Aeroporto de Santiago de Compostela-Rosalía de Castro (SCQ)
- Estación de tren: Estación de Tren Ferrol
- Estación de autobuses: Estación de Autobuses de Ferrol
Opcións de transporte
Inicio de ruta
Fin de ruta
Albergues públicos
Albergues privados
Outros establecementos
Puntos de información turística
Aeropuertos
Autobuses
Trenes