A ASOCIACIÓN DE CONCELLOS DO CAMIÑO INGLÉS RENOVA A SÚA DIRECTIVA

Bernardo Fernández, alcalde de Pontedeume, será o novo presidente

A Asociacion de Concellos do Camiño Inglés renova a súa directiva e Bernardo Fernández, alcalde de Pontedeume, é o novo presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, tal e como se aprobou nunha asamblea celebrada na Deputación da Coruña. Manuel Mirás Franqueira, ata o de agora presidente, continuará vinculado á entidade como presidente de honra.

O vicepresidente será José Santiso Miramontes, alcalde de Abegondo; o tesoureiro, Juventino Trigo (Fene); a secretaria, Ana Belén Veiga (Betanzos), e os vogais Pilar Sánchez Ulloa (Mesía); José Manuel Pantín Morado (Miño), e Alexander Doval (Oroso).

O número de peregrinos e peregrinas medrou un 53% desde o ano 2019

“Continuaremos co traballo realizado nos últimos anos baixo a presidencia de Manuel Mirás, nos que o Camiño Inglés experimentou un crecemento moi importante”, explica Bernardo Fernández. “Só desde o ano 2019, o número de peregrinos e peregrinas aumentou un 53%, persoas de todo o mundo ás que queremos darlle máis e mellores servizos”, engade.

“O impacto económico do Camiño Inglés nos concellos polos que pasa é cada vez maior, favorecendo os investimentos privados e a xeración de emprego nos sectores vencellados ao turismo”, sostén o alcalde de Pontedeume.

“Desde a asociación traballaremos coa axuda da Deputación da Coruña, que foi fundamental para o despegue experimentado por esta ruta do Camiño de Santiago ao longo dos últimos anos, para seguir medrando, sempre tendo en conta que queremos unha ruta con servizos de calidade para os peregrinos”, remata Fernández.

Con esta renovación na Asociación de Concellos do Camiño Inglés, ábrese unha nova etapa de colaboración e proxectos innovadores que prometen enriquecer aínda máis a experiencia do Camiño de Santiago. A asociación de concellos do Camiño Inglés renova a súa directiva, comprometéndose a implementar iniciativas que resalten a riqueza cultural e natural da ruta, fomentando así un turismo sostible e responsable. Esta nova dirección, liderada por Bernardo Fernández, enfócase na creación dunha sinerxía entre os municipios do Camiño Inglés, buscando sempre o benestar e a satisfacción dos peregrinos que cada ano elixen este camiño cheo de historia e tradición.

Escribe un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *