O Camiño Inglés desde Ferrol
Como peregrinos teremos a oportunidade de vivir como antigos navegantes e peregrinos o porqué da chegada destes en busca da experiencia de cruzar vilas medievais na procura do mellor produto do mar e da terra, e á vez gañar o perdón dos pecados ao chegar a Santiago de Compostela.
As etapas do Camiño Inglés desde Ferrol
O porto de Ferrol tamén foi historicamente un dos puntos de partida cara a Santiago de Compostela para aqueles navegantes que chegaban do norte, principalmente británicos, escandinavos e flamencos. A seguridade que achegaba o acurtar parte do Camiño de Santiago ao facelo por mar convidaba aos peregrinos máis podentes a pagar unha pasaxe nun barco de mercadorías. A partir deste intre, estes barcos xa combinaban as mercadorías e peregrinos para completar a travesía.
Moitos peregrinos tiñan medo dos asaltantes e ladróns que ían aparecendo no Camiño tradicional, de modo que por mar se expoñían menos aos enganos dos mesmos. Ademais, desde o punto de vista práctico, acurtábase en xornadas o Camiño.
Un total de 113 km separan Ferrol de Santiago de Compostela, suficientes para gañar a Compostela. As etapas divídense entre costeiras, onde coñeceremos o carácter da xente de mar, e as etapas cara á Galicia interior, que nos amosarán outra idiosincrasia galega.
Facendo o Camiño Inglés teremos a oportunidade de entender o porqué da chegada dos antigos navegantes e peregrinos, que cruzaban vilas medievais na procura de novas experiencias.
Esta ruta pasa por vilas históricas: Ferrol, Pontedeume, Betanzos…. berces dun gran patrimonio artístico e arquitectónico de altísimo valor cultural. Sempre é aconsellable madrugar para gañar un tempo que necesitaremos para visitar cada recuncho escondido do Camiño Inglés e gozar da riqueza patrimonial, paisaxística e etnográfica dos lugares que percorreremos.
Inicio de ruta Fin de ruta Albergues públicos Albergues privados Outros establecementos Puntos de información turística Aeropuertos Autobuses Trenes
1. Ferrol - Neda
Esta primeira etapa percorre a cidade de Ferrol, dende o porto, ata chegar a Neda. Ao longo de 15.4 km poderás desfrutar da arquitectura e dos parques desta cidade.
2. Neda - Pontedeume
Igrexas, mar, natureza... esta etapa percorre 12.9 km. A ruta iníciase xunto á ría de Ferrol para adentrarse na natureza do lugar e chegar á vila de Pontedeume.
3. Pontedeume - Betanzos
Esta ruta de perfil irregular percorre unha distancia de 19.9 km durante os que pasaremos pola localidade de Miño e cruzaremos o rio Lambre.
4. Betanzos - Bruma
Desde a antiga Cidade dos Cabaleiros empeza esta etapa de 24.1 km, que é a máis dura do Camiño Inglés.
5. Bruma - Sigüeiro
Bosques e edificios medievais serán a paisaxe desta etapa cun perfil maioritariamente descendente ao longo de máis de 24.2 km.
6. Sigüeiro - Santiago de Compostela
Os 16.5 km da derradeira etapa do Camiño ofrecen incribles espazos naturais que atravesan o río Tambre e o Bosque Encantado.