O CAMIÑO INGLÉS NA ESCOLA

O Camiño Inglés na escola

“O Camiño Inglés na escola”, promovido pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e co financiamento de Turismo de Galicia, é un proxecto educativo que pretende sensibilizar e difundir os valores xacobeos entre os nenos e nenas de educación primaria dos 16 municipios polos que discorre esta ruta de peregrinación. Aquí podes descargar os materiais didácticos do proxecto, no que cobra gran protagonismo o “Xogo da Oca do Camiño Inglés”, unha adaptación do popular xogo a esta ruta xacobea, con ilustracións co máis representativo de cada unha das etapas dende o punto de vista patrimonial, cultural e paisaxístico.

CADERNO DE ACTIVIDADES