Precaución

Seguridade e saúde

Aquí tes unhas recomendacións de seguridade co obxectivo de garantir a saúde dos peregrinos ao longo de todo o Camiño.

Scroll

Recomendacións para realizar o Camiño Inglés durante a crise sanitaria COVID-19

É necesario ter en conta as recomendacións das autoridades sanitarias, polo que recollemos neste apartado aquelas máis útiles para os peregrinos e todos os usuarios do Camiño de Santiago durante a crise sanitaria, co obxectivo de reducir ao máximo os riscos de contaxio. O cumprimento de todas estas recomendacións contribuirá a permitir a continuidade do Camiño durante o tempo que dure a pandemia.

Hay que sublilñar que, no estado de nova normalidade, cada comunidade autónoma pode establecer as súas propias normas en canto a restricións de aforo, actividades en grupo, transporte público, etc.

Compostela certificado

Protocolo de actuación ante síntomas da COVID-19

Calquera persoa que chegue a Galicia despois de ter estado, nos 14 días naturais anteriores á súa chegada, fóra do territorio autonómico e que experimente algún dos síntomas máis comúns compatibles coa COVID-19, tales como:

  • Febre
  • Calafríos
  • Tose
  • Sensación de falta de aire
  • Diminución do olfacto e do gusto
  • Dor de garganta
  • Dores musculares
  • Dor de cabeza
  • Debilidade xeral
  • Diarrea
  • Vómitos

Deberá permanecer no seu domicilio ou no lugar de aloxamento e comunicalo ao Servizo Galego de Saúde coa maior brevidade: Teléfono 881 002 021

Ao chegar ou regresar a Galicia

As persoas que cheguen a Galicia despois de ter estado, dentro do período dos 14 días naturais anteriores á dita chegada, en territorios cunha alta incidencia da COVID-19 en comparación coa existente en Galicia ou respecto dos cales non se dispoña de información (ou de datos fiables) sobre a situación epidemiolóxica existente neles, quedan sometidas ás seguintes medidas de prevención:

No prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada a Galicia, esas persoas deberán comunicar os datos de contacto e de estadía.

Para tal fin, deberán cubrir o formulario dispoñible no enderezo https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou ben subministrar os seus datos chamando ao teléfono 881 002 021.

Listado de territorios con alta incidencia: (https://www.sergas.es/A-nosa-organizacion/Benvida-viaxeirxs)

Uso de máscaras

Lembra que o Real decreto lei 21/2020 do 9 de xuño establece o uso obrigatorio de máscaras ás persoas maiores de 6 anos en calquera lugar no que non sexa posible o mantemento dunha distancia de seguridade interpersoal de, polo menos 2 metros e tamén nos medios de transporte.

Reducción de aforo
Aloxamento en albergues. Redución de aforo

Durante a crise sanitaria, os albergues do Camiño de Santiago poden modificar a súa oferta de prazas para adecuarse ás diferentes normativas, variar a súa data de apertura, ou mesmo permanecer pechados. No Camiño Inglés existe oferta de albergues tanto públicos como privados con redución de aforo. Para reservar na rede de albergues públicos podes consultar na páxina web www.alberguesxacobeo.gal. Na sección aloxamentos tamén podes atopar os contactos dos albergues e aloxamentos privados.

Reserva de albergues da Rede pública do Xacobeo

Unha das novidades na “nova normalidade” tras a Covid-19 é a recomendación de realizar a reserva de albergues ou outros aloxamentos para pasar a noite no Camiño. Isto garantirá que o peregrino atope prazas libres e os aloxamentos abertos.

Algúns aloxamentos do Camiño quizais non estean abertos, e a maioría terán limitación de camas, polo que recomendamos que os peregrinos comproben a dispoñibilidade dos lugares onde queiran pasar a noite.

Para todo isto, a Xunta de Galicia creou unha páxina web (www.alberguesxacobeo.gal) onde se pode consultar a dispoñibilidade e facer a reserva dos seus albergues públicos. Tamén dispón dun teléfono para facelo: (+34) 881 250 888.

Reserva de albergue Xunta galicia
Visita á Catedral
Visitas á catedral de Santiago

Desde o 1 de xullo de 2020 pódense realizar visitas á catedral de Santiago, cun aforo limitado a 200 persoas e seguindo un percorrido prefixado en sentido único e sen abrazo ao Apóstolo. As visitas poderán ter lugar en horario de 09:00 a 19:00, co último acceso ás 18:45. Durante a semana accederase a través da porta de Praterías, e a fin de semana, pola praza da Inmaculada. Como a catedral está en obras de restauración no seu interior, poderase venerar o sepulcro do Apóstolo, pero o camarín está pechado.

Outras medidas de seguridade implican a obrigatoriedade do uso de máscara, o mantemento da distancia de seguridade e a disposición de xel hidroalcohólico para os visitantes.

Para visitar o Pórtico da Gloria haberá que reservar entrada, e poderase facer de martes a domingo de 10:30 a 14:30.

Misa do peregrino

Debido ás obras do interior da catedral, a misa do peregrino celebrarase ás 12:00 na capela do Centro de Acollida ao Peregrino da rúa Carretas e ás 19:30 nun altar provisional situado na portada oeste da catedral, á que se entra desde a praza de Praterías. O aforo estará limitado a 75 persoas. Para o culto haberá un límite de 75 persoas e haberá que coller número na entrada.

Misa do peregrino
Recoller a Compostela

O Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, na rúa Carretas onde se fai entrega da Compostela, abrirá de 10:30 a 18:30.

Nese horario pódese visitar o centro e solicitar a Compostela despois de certificar que se realizou o Camiño ensinando a Credencial do Peregrino. Con todo, o procedemento para recoller a Compostela sufriu unhas lixeiras variacións para garantir a seguridade dos peregrinos e do persoal do propio centro. Detallamos os pasos para seguir:

    • Pre-rexistro. Antes de acudir á Oficina do Peregrino, hai que rexistrarse na web www.oficinadelperegrino.com indicando tódolos datos que se piden para certificar a peregrinación a Santiago (nome, Camiño realizado, punto de inicio…).
    • Retira o tícket. Unha vez na Oficina do Peregrino, persoal de seguridade facilitarache o teu ticket coa túa quenda.
    • Consulta a cola. Consulta o código QR que aparece no teu tícket, que che indicará a que hora aproximada poderás recoller a túa Compostela. Así saberás a que hora tes que presentarte, o que che permitirá evitar longas esperas ademais de non provocar aglomeracións na Oficina.
    • Recolle a Compostela. Acode á Oficina do Peregrino á hora indicada e recolle a túa Compostela.