El Camino Inglés

Noticias y curiosidades

Categoría: Actualidade do Camiño

O Camiño Inglés: unha ruta xacobea medieval no século XXI

A icónica igrexa de Santiago da Coruña, punto de comezo do Camiño Inglés na Coruña, acolleu na noite de onte, mércores 28 de setembro, a presentación do libro “O Camiño Inglés: unha ruta xacobea medieval no século XXI”, obra de Cristobal Ramírez, periodista e cronista oficial do Camiño Inglés.

CaminoIngles
Cando facer o Camiño Inglés? Outono e inverno

Cando facer o Camiño Inglés é unha das moitas preguntas que se fai os peregrinos e peregrinas á hora de comezar esta fantástica aventura. O Camiño de Santiago, polo xeral, xera moitas inquedanzas sobre todo pola metereoloxía. Por ese motivo saber cando facer o Camiño Inglés ou o de Santiago é moi importante no momento de facer a mochila e seleccionar os obxectos que levaremos para protexernos do tempo.

Camino Celta: por qué deberías empezar el Camino Inglés en Irlanda

A organización Camino Society Ireland estivo investigando, definindo e recoñecendo unha rede de auténticas rutas de peregrinación en Irlanda, o que permite aos peregrinos modernos comenzar a súa viaxe polo Camiño en casa, en chan irlandés. Caminar 25 km en Irlanda antes de viaxar a Galicia para completar a ruta de 75 km do Camiño Inglés desde a cidade da Coruña a Santiago coñecese como o Camiño Celta; todo aquel que finalice o Camiño Celta pode obter a Compostela ao chegar á catedral de Santiago. Jim McNicholas, presidente de Camino Society Ireland, explica nesta entrevista por que é unha boa idea comezar a peregrinación en Irlanda.

Turoperadores de Italia visitan o Camiño Inglés para coñecer esta ruta e poder ofrecer viaxes organizadas á súa clientela

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés organizou esta semana unha viaxe de familiarización con esta ruta xacobea para dous turoperadores italianos da Opera Romana Pellegrinaggi, Francesco Cocco e John D´Orazio, e o diácono Giancarlo Gandini, da diócese de Roma. Unha viaxe que é consecuencia directa da presentación realizada o pasado mes de maio no Centro Multimediale Interactivo de Roma e na que se contou coa colaboración da oficina de Turespaña en Roma e a Deputación da Coruña.

Máis de 3.000 persoas desfrutan en Sigüeiro da programación da V Primavera no Camiño Inglés

Máis de 3.000 persoas tomaron parte na quinta edición da Primavera no Camiño Inglés, celebrada hoxe na alameda de Góis de Sigüeiro (Oroso). Unha iniciativa organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, en colaboración coa Deputación da Coruña, para poñer en valor os múltiples atractivos etnográficos, culturais, naturais e gastronómicos desta ruta, que conecta Ferrol e A Coruña con Santiago de Compostela.

Aplazada la V Primavera en el Camino Inglés al domingo 12 de junio

La Asociación de Municipios del Camino Inglés acordó hoy aplazar la quinta edición de Primavera en el Camiño Inglés, prevista para este sábado 4 de junio en Sigüeiro (Oroso). Una iniciativa que tendrá lugar en el mismo emplazamiento el próximo domingo 12 de junio.

Sigüeiro acolle a V Primavera no Camiño Inglés, que promove os atractivos etnográficos, gastronómicos e culturais dos 18 municipios polos que pasa esta ruta

A alameda de Góis en Sigüeiro (Oroso) acollerá este sábado 4 de xuño a quinta edición de Primavera no Camiño Inglés, unha iniciativa promovida pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Oroso, para poñer en valor os múltiples atractivos etnográficos, culturais, naturais e gastronómicos desta ruta xacobea que conecta A Coruña e Ferrol con Santiago de Compostela.