O presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, entregou ao establecemento Casa Avelina (Carral) o galardón de excelencia por estar valorado entre os mellores locais da Rede Stelar.
Mirás destacou sobre o establecemento, rexentado polas irmás Mª Carmen e Avelina e aberto en 1917, “o seu bo trato humano, profesional e a súa hospitalidade aos peregrinos de todo o mundo que percorren o Camiño Inglés”.
Na entrega deste galardón, que se celebrou no propio establecemento, estiveron, ademais do presidente da asociación, Manuel Mirás; o deputado provincial, Antonio Leira; o alcalde de Carral, Javier Gestal; o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias; o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes; o concelleiro de Turismo de Betanzos, Pablo Beade; o xerente do consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, Moisés Jorge Naranjo, e Cristina García, xerente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés.
Casa Avelina foi un dos establecementos mellor valorados da Rede Stelar, formada por locais turísticos nas distintas vilas polas que discorre a ruta xacobea. Dita rede está impulsada pola Asociación de Municipios do Camiño Inglés en colaboración coa Deputación da Coruña.
O presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés destacou tamén o traballo que realizan “os concellos que integran a asociación, así como a Deputación da Coruña”.
“Unha premisa da asociación, consensuada cos concellos, é que o camiño debe ter un servizo. De nada vale saír dun municipio no que o camiño ten servizos e chegar a outra vila na que non está ben. Por iso esta casa é un referente, necesitamos que haxa máis establecementos nas distintas etapas do camiño con este servizo”, sinalou Mirás.
O deputado provincial, Antonio Leira, sumouse ás felicitacións ao establecemento, ademais de eloxiar o traballos dos municipios “sodes os que no día a día facedes posible que Casa Avelina e outros establecementos se sumen a esta Rede Stelar”.
Pola súa banda, Pablo Beade, concelleiro de Turismo do Concello de Betanzos, sinalou: “Estamos moi ilusionados con que a continuación do paso pola nosa vila, os peregrinos sexan tratados tan ben”.
“Unha homenaxe que non estraña a aqueles que temos o gusto de tratalos con frecuencia. Tamén felicitar á Asociación de Concellos do Camiño Inglés, polo labor que fan e para que todos sigamos a contribuír para que este camiño medra”, recalcou Mariano Iglesias, alcalde de Mesía.
“O trato non só o facedes cos peregrinos, senón con todo o mundo que vén por aquí”, destacou pola súa banda José Antonio Santiso Miramontes, alcalde de Abegondo.
No Camiño Inglés, “lo que nos diferencia de la competencia es el detalle en el servicio y la excelencia de cada día, de lo que sois ejemplo en Casa Avelina”, sinalou o xerente do consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, Moisés Jorge Naranjo.
“É unha honra para o Concello de Carral tervos como veciñas”, expresou pola súa parte Javier Gestal, alcalde de Carral.
La Red Stelar
A Rede Stelar é un proxecto promovido pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, en colaboración coa Deputación da Coruña, para conformar unha rede de establecementos turísticos en cada un dos municipios polos que pasa esta ruta Xacobea.
Uns locais que deben apostar pola excelencia e a calidade na atención ao peregrino, para o que deben cumprir unha serie de requisitos relacionados coa sostibilidade, o emprego de produtos agroalimentarios e pesqueiros quilómetro cero, a calidade no servizo…
La Asociación de Municipios del Camino Inglés está constituida por 16 municipios por los que discurre esta ruta jacobea: La Coruña, Abegondo, Betanzos, Cabanas, Carral, Fene, Ferrol, Mesía, Miño, Narón, Neda, Ordes, Oroso, Paderne, Pontedeume y Santiago de Compostela.
Casa Avelina
O bar-estanco Casa Avelina (As Travesas, Carral), situado a pé do Camiño Inglés, foi aberto en 1917 polos avós de Mª Carmen e Avelina. Ambas irmás están agora ao fronte deste local, que acolle a peregrinos de todo o mundo. As hostaleiras gardan recordos de moitos dos camiñantes que as visitan, dende camisetas firmadas, postais, fotografías…