The Way of St Andrews

Escocia – varias rutas

Santo André é o patrón de Escocia, e a cidade onde se gardaban as súas reliquias, na costa este do país á beira do Mar do Norte, tomou o nome do santo e converteuse nun lugar de peregrinación fai máis de 1000 anos. Miles de peregrinos dirixíanse alí cada ano ata que tivo lugar a Reforma.

O nome Way of St Andrews abarca unha serie de rutas, polo que non hai un único St Andrew’s Way, senón moitos, que parten de diferentes zonas de Escocia e do norte de Inglaterra, algunhas das sexan o ales nin tan sequera teñen St Andrews como punto e final. Probablemente as máis coñecidas sexan St Columba´s Way de Iona a St Andrews, que atravesa Escocia de oeste a este; St Wilfrid’s Way, dende Hexham no nordeste de Inglaterra ata Edimburgo a través do Muro de Adriano; e tamén St Margaret’s Way, que vai dende o centro de Edimburgo ata St Andrews. Todos eles son fantásticos camiños de peregrinación que transcorren a través dunha paisaxe tranquila, variada e pintoresca que tanto caracteriza a Escocia.

Foto: Cidade de St Andrews