Turoperadores de Italia visitan o Camiño Inglés para coñecer esta ruta e poder ofrecer viaxes organizadas á súa clientela
A Asociación de Concellos do Camiño Inglés organizou esta semana unha viaxe de familiarización con esta ruta xacobea para dous turoperadores italianos da Opera Romana Pellegrinaggi, Francesco Cocco e John D´Orazio, e o diácono Giancarlo Gandini, da diócese de Roma. Unha viaxe que é consecuencia directa da presentación realizada o pasado mes de maio no Centro Multimediale Interactivo de Roma e na que se contou coa colaboración da oficina de Turespaña en Roma e a Deputación da Coruña.