Carral
Un lugar con especiais atractivos turísticos, históricos, paisaxísticos ou gastronómicos, que forman parte da identidade dos carraleses.
O Concello de Carral naceu como tal no ano 1836, sendo o gobernador civil Pío Pita Pizarro (gobernador civil) o encargado de fixar a súa demarcación seguindo a división administrativa que fixera Xabier de Burgos en España. O toponimo débese a que o núcleo de poboación que serve de capital municipal, atópase no camiño que une Santiago coa Coruña, e polo que circulaba a Carrilana.
Carral está situado preto da cidade da Coruña, como lugar de paso ou carrilana (de aí o seu nome) cara á cidade de Santiago dende a cidade da Coruña. Linda cos municipios de Cambre (norte), Ordes (sur), Cerceda (oeste), Abegondo (leste), Mesía (suroeste) e Culleredo (noroeste).
O municipio de Carral está formado por oito parroquias: Paleo (Carral), Tabeaio, Quembre, Sergude, Cañás, San Vicente de Vigo, Sumio e Beira. É un lugar con especiais atractivos turísticos, históricos, paisaxísticos, etnográficos, culturais e gastronómicos. Nisto, sobre todo, polo seu pan e as súas empanadas que forman parte da identidade dos carraleses dende hai séculos.
Como chegar a Carral
Concello de Carral:
Turismo de Carral:
Estación de Autobuses:
- N-550, S/N, Carral
Parada de taxis:
- Praza Capela, 2, 18
- +34 981 670 257