Croagh Patrick Heritage Trail
Mayo - 61 km, dende Balla a Murrisk
No condado de Mayo, ao oeste de Irlanda, a ruta Croagh Patrick Heritage Trail exténdese dende a cidade de Balla, un lugar monástico cristiano primitivo, cara o oeste ata a pequena vila costeira de Murrisk, que se atopa ao pé da montaña sagrada de Croagh Patrick. É aquí onde se di que o santo patrón de Irlanda, St Patrick, xaxunou durante cuarenta días e loitou contra o diaño.
Foto: Aughagower Church, Co Mayo - Turismo de Irlanda
A ruta segue en parte unha ruta de peregrinación máis antiga e tamén os pasos do propio St Patrick no seu camiño á montaña, pasando por monumentos históricos que inclúen igrexas, pozos sagrados e castelos. Os peregrinos poden visitar a abadía románica de Ballintubber ou a vila de Aghagower, un enclave monástico onde atoparán unha igrexa do século XII e os restos dunha torre circular. Tamén nesta ruta se atopa Brackloon Wood, con carballos singulares, superviventes da época na que gran parte de Irlanda estaba cuberta destas árbores.