A Asociación de Concellos do Camiño Inglés organiza unha xornada formativa para persoas que desexen sumarse á plataforma Correos Market
A Asociación de Concellos do Camiño Inglés organiza unha xornada formativa dirixida a persoas e empresas pertencentes a un dos 16 municipios e que desexen sumarse á plataforma Correos Market para vender os seus produtos a calquera punto de España dun xeito sinxelo e seguro. Unha formación que terá lugar o xoves 7 de abril na sede principal de Correos en Santiago de Compostela (rúa do Franco, número 4). Inscricións totalmente de balde no 881 150 099 ou no mail info@caminoingles.gal ata completar prazas.