O Camiño Inglés

Novas e curiosidades

Month: Maio 2022

Sigüeiro acolle a V Primavera no Camiño Inglés, que promove os atractivos etnográficos, gastronómicos e culturais dos 18 municipios polos que pasa esta ruta

A alameda de Góis en Sigüeiro (Oroso) acollerá este sábado 4 de xuño a quinta edición de Primavera no Camiño Inglés, unha iniciativa promovida pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Oroso, para poñer en valor os múltiples atractivos etnográficos, culturais, naturais e gastronómicos desta ruta xacobea que conecta A Coruña e Ferrol con Santiago de Compostela.

A nosa experiencia incrible no Camiño Inglés

Olivia e Erisa son dúas estudantes da Universidade de Newcastle no Reino Unido que, tras participar na iniciativa chamada ‘The Real Translation Project’, foron seleccionadas para viaxar a Galicia e experimentar o Camiño Inglés de primeira man. Velaquí a súa experiencia.

A UDC abre unha liña editorial sobre o Camiño de Santiago en colaboración coa Asociación de Concellos do Camiño Inglés

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, asinaron esta mañá na Reitoría un convenio de colaboración. Por este acordo, o Servizo de Publicacións da UDC abrirá unha liña editorial sobre o Camiño de Santiago, que inaugurará unha publicación sobre o Camiño Inglés, da autoría de Cristóbal Ramírez.

NovoInstagramCamiñoInglés
A Asociación cambia de conta de Instagram

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés comunica que, debido a problemas alleos á asociación, a conta de Instagram @caminoinglesoficial deixa de ser a conta oficial da entidade.

A Deputación da Coruña acepta a encomenda da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e licitará un proxecto de obras de mellora nesta ruta xacobea por máis de 435.000 euros

Erisa Mizunoue e Olivia Curtis, dúas estudantes do Departamento de Linguas Modernas da Universidade de Newcastle, visitan nesta Semana Santa o Camiño Inglés, especialmente as localidades de Ferrol, Pontedeume, Betanzos, A Coruña, Oroso e Santiago. Unha visita organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés froito da colaboración establecida coa Universidade de Newcastle.