A Alameda de Góis de Sigüeiro (Oroso) acollerá a quinta edición de Primavera no Camiño Inglés o vindeiro sábado 4 de xuño, unha iniciativa promovida pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Deputación da Coruña para poñer en valor os múltiples atractivos etnográficos, culturais, naturais e gastronómicos desta ruta xacobea. Un evento no que colabora o Concello de Oroso.
Nesta iniciativa participarán os 18 municipios polos que discorre o Camiño Inglés: A Coruña, Abegondo, Betanzos, Cabanas, Cambre, Carral, Culleredo, Fene, Ferrol, Mesía, Miño, Narón, Neda, Ordes, Oroso, Paderne, Pontedeume e Santiago de Compostela.Haberá actividades gastronómicas e culturais, baile, música, obradoiros gratuítos para nenos e nenas, mercado de artesanía e moito máis!!!