A Asociación de Concellos do Camiño Inglés imparte o primeiro curso da Rede Stelar, que busca mellorar o servizo de aloxamento que se presta aos peregrinos
As instalacións do Pazo de Mariñán (Bergondo) acolleron esta mañá a sesión teórica do curso “Rexeduría de pisos: gobernanta, camareiros/as de pisos e técnicas de limpeza en aloxamentos”, unha iniciativa formativa gratuíta organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Deputación da Coruña que está dirixida a todos os establecementos da Rede Stelar que prestan servizo de aloxamento aos peregrinos.