A Asociación de Concellos do Camiño Inglés e Visit County Durham estudan colocar paneis informativos e editar unha guía en inglés para aumentar a visita de peregrinos da Inglaterra
Erisa Mizunoue e Olivia Curtis, dúas estudantes do Departamento de Linguas Modernas da Universidade de Newcastle, visitan nesta Semana Santa o Camiño Inglés, especialmente as localidades de Ferrol, Pontedeume, Betanzos, A Coruña, Oroso e Santiago. Unha visita organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés froito da colaboración establecida coa Universidade de Newcastle.