SEGUNDA EDICIÓN DA MEDIA MARATÓN DO CAMIÑO INGLÉS

A ASOCIACIÓN DE CONCELLOS DO CAMIÑO INGLÉS ORGANIZA A SEGUNDA EDICIÓN DA MEDIA MARATÓN DO CAMIÑO INGLÉS O 9 DE XULLO ENTRE ORDES E OROSO

-Haberá tamén unha proba de 10 quilómetros e dúas carreiras para mozos e mozas de entre 10 e 17 anos

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés, en colaboración coa Sociedade deportiva Compostela – Tambre – Lengüelle, a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Atletismo, organiza o domingo 9 de xullo a segunda edición da Carreira Camiño Inglés, que constará de duas probas para adultos.

Por un lado, a media maratón (21 qms) que partirá as 10:00 horas dende a Igrexa de Ardemil (Concello de Ordes) seguindo a ruta do Camiño Inglés. Haberá outra proba de 10 quilómetros que partirá tamén ás 10:20 horas de Ponte Pereira – Área de lecer de Os Carabelos (Concello de Ordes) seguindo tamén a ruta do Camiño inglés.

A novidade deste ano serán dúas probas adicionais para a rapazada: un circuito de 3 quilómetros para rapaces e rapazas de entre 14 e 17 anos, e outro circuíto de 1,5 quilómetros para rapaces e rapazas de entre 10 e 13 anos.

A proba presentouse esta mañá no Concello de Ordes, nunha rolda de prensa na que interviron o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás Franqueira; Antonio Leira, deputado provincial; o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo; o alcalde de Oroso, Álex Doval, e Iván Sanmartín, presidente da Federación Galega de Atletismo.

MIrás destacou “a importancia destes eventos, que combinan deporte e natureza e sirven de promoción para o Camiño Inglés”, mentres que Antonio Leira puxo en valor “a colaboración entre diferentes administracións”.

Os alcaldes de Ordes e Oroso consideran “de gran importancia para a comarca esta proba” e Sanmartín destacou “o trazado da carreira, cun atractivo paisaxístico enorme”.

Na primeira edición participaron un total de 194 corredores. Esta iniciativa, de carácter deportivo, axuda a difundir e poñer en valor o Camiño Inglés de forma lúdica, principalmente entre a poboación local.

Más información e inscricións en www.carreirasgalegas.

Escribe un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *