Terceira etapa slow desde Ferrol

Pontedeume - Miño

  • DIFICULTADE Media
  • LONXITUDE 9.2Km
  • DURACIÓN ESTIMADA 3h
C

omezamos esta etapa pola rúa Real, neste caso tamén porticada, e no centro histórico. A saída de Pontedeume, dende onde se ve o castelo da familia Andrade, realízase por unha forte pendente dun quilómetro que dá paso a un suave descenso con paisaxes agrícolas ata alcanzar de novo o nivel do mar, á altura da ponte de Baxoi pola que tantos peregrinos pasaban na Idade Media e que ten unha zona de descanso fluvial.

ruta camino ingles
O Camiño Inglés por albergues

A partir de aquí, a ruta será menos esixente para as pernas dos peregrinos que o tramo inicial da etapa, unha vez que a marisma que indica a proximidade da costa pode verse como un preludio da cidade de Miño, onde se situa a desembocadura do río Lambre, pertencente á Rede Natura 2000, así como as súas marabillosas praias e monumentos.

Puntos de interés

Mapa

Inicio de ruta Fin de ruta Albergues públicos Albergues privados Outros establecementos Puntos de información turística Aeropuertos Autobuses Trenes